Un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.
Museo
Sobre o museo
A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado, que se atopa na localidade de Artes, concello galego de Ribeira, na provincia da Coruña. Rodeado dunha espectacular paisaxe natural, a Fundación situou un dos proxectos máis novidosos para diletantes, estudosos e afeccionados ao mundo das artes.
Máis concretamente da arte gráfica, creando un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.
Arte gráfica, antiga e contemporánea
Como se organiza
Como se estrutura o museo?
Céntrase en dous aspectos principais —o Gabinete de Estampas e tres salas de exposicións abertas ao público— e dispón tamén de biblioteca e sala de conferencias.
Gabinete de Estampas
Ordenadas por Escolas, ademais dos seus estudos particulares.
Tres salas de exposicións
Abertas ao público ao longo do ano.
Biblioteca
Espazo do museo para a consulta e o estudo.
Sala de conferencias
Espazo do museo para actividades e encontros.
O noso obxectivo
Do gravado á estampa dixital
A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica desde as súas orixes ata os nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación.
Mediante Ordes da Xunta de Galicia do 18 e 30 de xullo de 2001, publicadas no Diario Oficial de Galicia o 29 de xullo e o 3 de setembro de 2001, clasifícase a institución como de interese cultural e de interese galego respectivamente.
2001/19
Rexistro oficial
Colección itinerante
Préstamo de obra
A Fundación ten unha extensa colección de obras que van desde o século XV ata a época actual. Estas obras ofrécense en itinerancia en forma de préstamo ás entidades interesadas.
Os Soños Caprichosos de Pantagruel en imaxes de Salvador Dalí
Para máis información pode escribir á fundación ou contactar por correo electrónico: fundartes@gmail.com
Formación
Sistema de bolseiros
O acordo está subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela e ten como fin colaborar na formación práctica do alumnado dos últimos cursos da devandita Universidade.