O museo

Museo do Gravado á Estampa Dixital

Un espazo único para a arte gráfica

Un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.

Museo

Sobre o museo

A Fundación Rural Artes ten como sede o Museo do Gravado, que se atopa na localidade de Artes, concello galego de Ribeira, na provincia da Coruña. Rodeado dunha espectacular paisaxe natural, a Fundación situou un dos proxectos máis novidosos para diletantes, estudosos e afeccionados ao mundo das artes.

Máis concretamente da arte gráfica, creando un espazo único na zona que combina a arte gráfica antiga e contemporánea.

Arte gráfica, antiga e contemporánea

Como se organiza

Como se estrutura o museo?

Céntrase en dous aspectos principais —o Gabinete de Estampas e tres salas de exposicións abertas ao público— e dispón tamén de biblioteca e sala de conferencias.

Gabinete de Estampas

Ordenadas por Escolas, ademais dos seus estudos particulares.

Tres salas de exposicións

Abertas ao público ao longo do ano.

Biblioteca

Espazo do museo para a consulta e o estudo.

Sala de conferencias

Espazo do museo para actividades e encontros.

O noso obxectivo

Do gravado á estampa dixital

A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica desde as súas orixes ata os nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación.

Desde o século XV ata a estampa dixital

Recoñecemento oficial

Institución de interese cultural e galego

Mediante Ordes da Xunta de Galicia do 18 e 30 de xullo de 2001, publicadas no Diario Oficial de Galicia o 29 de xullo e o 3 de setembro de 2001, clasifícase a institución como de interese cultural e de interese galego respectivamente.

2001/19

Rexistro oficial

Colección itinerante

Préstamo de obra

A Fundación ten unha extensa colección de obras que van desde o século XV ata a época actual. Estas obras ofrécense en itinerancia en forma de préstamo ás entidades interesadas.

Os Soños Caprichosos de Pantagruel en imaxes de Salvador Dalí

Estudos e imaxes na xénese do Guernica. A violencia como asasina da creatividade artística

A Divina Comedia de Dante. O Inferno en imaxes de Salvador Dalí

As Fábulas de La Fontaine de Salvador Dalí

Temas de Marc Chagall

Emocións de Oswaldo Guayasamín Calero

A Tauromaquia de Goya, visión crítica dunha festa

Manuel Ayaso

A Iconografía de Van Dyck

Para máis información pode escribir á fundación ou contactar por correo electrónico: fundartes@gmail.com

Formación

Sistema de bolseiros

O acordo está subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela e ten como fin colaborar na formación práctica do alumnado dos últimos cursos da devandita Universidade.